conversations-classic/fastlane/metadata/android/gl-ES/full_description.txt
ghose fb8b526108
Translated using Weblate (Galician)
Currently translated at 4.2% (2 of 47 strings)

Translation: Conversations/App Store Metadata
Translate-URL: https://translate.codeberg.org/projects/conversations/app-store-metadata/gl/
2023-07-13 12:38:05 +00:00

41 lines
2.9 KiB
Plaintext

Fácil de usar, fiable, baixo consumo de batería. Con soporte para imaxes, conversas en grupo e cifraxe e2e.
Principios do deseño:
* Ser tan fermosa e doada de usar como sexa posible sen sacrificar a seguridade ou privacidade
* Apoiarse en protocolos existentes e ben establecidos
* Non precisar dunha Conta de Google ou concretamente Google Cloud Messaging (GCM)
* Solicitar os mínimos permisos posibles
Características:
* Cifraxe extremo-a-extremo, ben con <a href="http://conversations.im/omemo/">OMEMO</a> ou con <a href="http://openpgp.org/about/">OpenPGP</a>
* Enviar e recibir imaxes
* Chamadas de audio e vídeo cifradas (DTLS-SRTP)
* Interface intuitiva seguindo as recomendacións Android Design
* Imaxes/Avatares para os Contactos
* Sicronizada co cliente de escritorio
* Conferencias (con soporte para marcadores)
* Integración coa Libreta de enderezos
* Varias contas cunha lista de conversas unificada
* Consumo de enerxía moi baixo
Con Conversations é moi doado crear unha conta no servidor gratuíto conversations.im. Con todo, Conversations funcionará igualmente con calquera outro servidor XMPP. Existen moitos servidores XMPP xestionados por voluntarios e gratuítos.
Características de XMPP:
Conversations funciona con calquera sevidor XMPP, mais XMPP é un protocolo extensible. Estas extensións tamén están estadarizadas nos chamados XEP's.
Conversations da soporte a un par delas que axudan a mellorar a experiencia de uso da aplicación. Pode acontecer que o teu servidor XMPP actual non dé soporte para estas extensións. Por tanto para obter o mellor resultado ao usar Conversations debes ter considerar usar un servidor XMPP que si o faga - ou incluso mellor - xestionar o teu propio servidor para as túas amizades.
Estes XEPs son - neste intre:
* XEP-0065: SOCKS5 Bytestreams (ou mod_proxy65). Usado para a transferencia de ficheiros se as dúas partes están detrás dun cortalumes (NAT).
* XEP-0163: Personal Eventing Protocol para os avatares
* XEP-0191: O bloqueo de ordes permiteche bloquear spammer ou contactos sen eliminalos das túas listaxes.
* XEP-0198: Stream Management permite que XMPP sobreviva a caídas da rede e cambios na conexión TCP.
* XEP-0280: Message Carbons permite sincronizar automáticamente as mensaxes co teu cliente de escritorio e por tanto cambiar dun a outro sen perder mensaxes da conversa.
* XEP-0237: Roster Versioning fundamentalmente para aforrar datos en conexións móbiles
* XEP-0313: Message Archive Management sincroniza o historial de mensaxes co servidor. Para obter as mensaxes recibidas cando Conversations non teña conexión.
* XEP-0352: Client State Indication permítelle ao servidor saber se Conversations está a funcionar en segundo plano. Permítelle ao servidor aforrar ancho de banda retendo paquetes de datos de pouca importancia.
* XEP-0363: HTTP File Upload permíteche compartir ficheiros en salas de conferencia e con contactos que non están conectados. Require un compoñente adicional no teu servidor.